Déixovos unhas fichas de instrumentos musicais para que poidades recortalos e pegalos na casa correspondente ao seu nome e familia, xa que nos servirá de repaso para poder entender os xogos e actividades que vos vou a ir colgando todos os días, que estarán relacionadas cunha historia moi "peculiar" sobre como se coñeceron as familias de instrumentos
Actividades de música e plástica para os alumnos de galego dos colexios de Cuatro Vientos e Compostilla
Publicación destacada
PRESENTACIÓN
Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...
martes, 17 de marzo de 2020
XOGAMOS COS ANIMAIS 1º E 2º
Ademais de facer as fichas que vos mandei, vou poñer un material que nos servirá de repaso e ademais serviranos para xogar e pasárnolo ben.
Isto non mo tedes que mandar, é para vós.
Durante estes días, imos lembrar e divertirnos cunha obra dun compositor francés, Camille Saint- Säens que se titula O Entroido dos Animais.
Todos os días irei poñendo actividades para que poidades ir facéndoas, así que aínda que non sexa o día que temos clase, atentos ao blogue para poder seguilas.
O primeiro que imos facer para coñecer a obra é ver un conto sobre ela.
A continuación déixovos a ligazón para que poidades velo.
Unha vez que o virades, podedes pintar as caretas que vos deixo e crear vosa propia historia
MÚSICA 1º, 4º Y 5º
Bos días!!! Hoxe é martes e temos clase de música os nenos e nenas de 1º, 4º e 5º do cole Jesús Maestro, así que ademais facer xogos e outras actividades, imos seguir traballando coma se estivésemos no cole. Para iso vouvos a deixar a cada curso unhas fichas para que me mandedes ao correo e poder corrixilas e avalialas.
Ánimo mozos que sodes uns heroes!!! O meu aplauso de hoxe vai por vós, polo ben que o estades facendo todos os nenos e nenas.
Ánimo mozos que sodes uns heroes!!! O meu aplauso de hoxe vai por vós, polo ben que o estades facendo todos os nenos e nenas.
MÚSICA 1º
Como xa vos dixen, estas son as fichas que tedes que facer e mandarme antes do martes que vén que é cando temos clase outra vez. Son un repaso de todo o que vimos ata o de agora na escola, así que seguro que as facedes moi ben, pero se tedes algunha dúbida, poñervos en contacto comigo.MÚSICA 4º
As fichas que me tedes que mandar son as seguintes.
MÚSICA 5º
As fichas que me tedes que mandar son as seguintes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)