FACEMOS DITADOS
Bos
días!!
Esta
semana póñovos hoxe o de todos os cursos para que así poidades ir practicando
durante toda a semana.
Imos
facer ditados; si, si, como o oídes, ditados. En música xa sabedes que no canto
de usar palabras como en lingua, usamos notas e figuras musicais.
Para
que poidades facer estes ditados, que son moi divertidos, déixovos uns vídeos e
páxinas de xogos para que poidades facelos.
1º E 2º PRIMARIA
A
continuación tedes un vídeo para facer o voso ditado descubrindo se o son sobe
ou baixa. O instrumento que soa é unha frauta de émbolo, coa cal só se poden facer sons
ascendentes (que soben) ou descendentes (que baixan). Estad moi atentos, a ver
se acertades todos.

Na
seguinte ligazón tedes un xogo moi divertido no que tamén teredes que descubrir
sons ascendentes e descendentes.
3º, 4º, 5º E 6º PRIMARIA
Na
ligazón que vos poño a continuación tedes un xogo moi divertido para facer
ditados, no que teredes que elixir os ditados que facedes.
Xa veredes como
acertades moitos!!