Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

martes, 14 de abril de 2020

COMENZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE!!!




Bos días!!!
Benvidos ao terceiro trimestre.
Imos continuar traballando da mesma forma que o estabamos facendo a través do blog. Irei colgando as diferentes actividades os días que nos toca clase a cada curso do mesmo xeito que estabamos a facer, aínda que haxa ocasións en que poña actividades para que poidades facer todos.
Xa sabedes que cando fagades algunha manualidade, debuxo, ficha,... podedes mandarmo ao correo electrónico para que así volo poida corrixir.
Lémbrovos o horario das clases:









Estad atentos ás instrucións que vaia poñendo no blog, xa que pode haber cambios nalgún momento e teñamos que facer algún outro tipo de traballo. Tamén lembrarvos que podedes acceder ao blog da  mestra Cristina, http://musi4vientos.blogspot.com/, xa que entre as dúas colgámosvos variedade de cousas para que así teñades máis recursos para xogar e divertirvos.
E como hoxe é o primeiro día tras as vacacións, imos comezar bailando.
Déixovos unhas ligazóns de bailes para que fagades nas vosas casas. Son moi divertidos.
Ánimo  e a bailar!!!

1º E 2º


3º E 4º


5º E 6º