Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

domingo, 15 de marzo de 2020

5º E 6º

XOGOS MUSICAIS

A continuación vou deixarvos as ligazóns a uns xogos musicais online, a través dos cales podedes repasar o que vimos en clase mentres vos divertides.


http://www.soloprofes.com/repositorio/musica_4.swf
http://www.genmagic.net/musica/somag2c.swf
http://www.educaplus.org/game/test-ritmos-facil
http://www.educaplus.org/game/memoria-musical

MÚSICA 3º E 4º

XOGOS MUSICAIS

A continuación vou deixarvos as ligazóns a uns xogos musicais online, a través dos cales podedes repasar o que vimos en clase mentres vos divertides.


http://www.aprendomusica.com/swf/Memory_InstrumCuerdaNombres_esp.htm
http://www.aprendomusica.com/swf/Memory_InstrumVientoNombres_esp.htm
https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html
https://www.planet-schule.de/sf/multimedia/lernspiele/klangkiste_instrumentenquiz/mme/mmewin.html
https://conteni2.educarex.es/mats/62030/contenido/

MÚSICA 1º E 2º

XOGOS MUSICAIS

A continuación vou deixarvos as ligazóns a uns xogos musicais online, a través dos cales podedes repasar o que vimos en clase mentres vos divertides.


https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html
https://conteni2.educarex.es/mats/11344/contenido/index2.html
https://conteni2.educarex.es/mats/11340/contenido/index2.html
http://www.mothergoose.com/Games/flashGames/mmPartOne.swf
http://www.aprendomusica.com/swf/C1presentacionNegra.htm

PLÁSTICA 3º, 4º E 5º

PAPIROFLEXIA

A papiroflexia é unha palabra xaponesa que se utiliza para referirse á arte de dobrar papel. A continuación vou deixarvos as instrucións para que poidades comezar a practicar a antiga arte do origami. Simplemente tedes que ir dobrando polas liñas de puntos que se indican nos debuxos
Atrevédesvos?


BALEA


CISNE

COELLO


GATO


PAXARO


PINGÜÍN


RAPOSO


VERME






CESTAS CON PAPEL DE XORNAL




As cestas tecidas son un gran elemento decorativo e de almacenaxe, pero creédesnos se vos dicimos que podemos facelas nós mesmos con papel de xornal?
Seguro que tedes todos estes materiais en casa.

MATERIAIS

•papel de periódico
•cartón
•cola
•verniz á auga para protexer e impermeabilizar (opcional)
témperas, pinturas,....
•pincel
•pinzas da roupa

O primeiro que temos que facer é prepararnos moitos rolos de papel que nos servirán para tecer a cesta. Para iso cortamos as páxinas do xornal á metade polo lado longo, e enrolamos desde un ángulo, axudándonos ao principio cun palito de espetada para que todos os rolos quédennos do mesmo grosor. Cando terminamos de enrolar toda a folla, fixamos o final cun pouco de cola.

Agora prepararemos a base da cesta, neste caso redonda. Para iso cortamos dous círculos iguais de cartón. Sobre un deles dispoñemos os rolos en forma de raio (a cantidade depende do tamaño do círculo). Temos que poñer sempre unha cantidade impar de rolos, e pegalos coma se fosen os raios do sol sobre o círculo de cartón. Pegamos por encima o outro círculo e deixamos secar a cola cun peso encima.

Xa podemos comezar a tecer. Collemos un rolo e pegámolo con cola a un dos «rolos guía» da nosa cesta, ben preto da base. Suxeitamos cunha pinza e imos tecendo pasando o noso rolo unha vez por fóra e outra por dentro de cada raio, tratando de apertar cara abaixo para non deixar demasiado espazo entre rolo e rolo. Cando estamos por terminar cun rolo, inserimos dentro outro e seguimos tecendo, fixando unha vez por volta cunha gotita de cola a un dos «rolos guía» e suxeitando cunha pinza, para que o tecido mantéñase no seu lugar.

Cando chegamos á altura desexada, cortamos os «rolos guía» e pegamos os que quedaron polo lado externo cara a dentro (sempre suxeitando cunha pinza ata que se seque a cola) e os que quedaron polo lado interno dobrámolos cara a fóra, pasándoos por dentro do tecido.

A este punto, despois de que a cola estea ben seca, podemos pintar e vernizar.

















PLÁSTICA 1º E 2º

TANGRAM ANIMAIS

Como no cole estades a traballar os animais, propóñovos que fagamos algúns deles. A primeira manualidade consiste en facer as pezas dun tangram coas que poderedes formar diferentes animais seguindo as instrucións que aparecen na imaxe.


1º) Pedide axuda aos papás e mamás para que vos impriman o debuxo.
2º) Pintade cada unha das pezas, pero sen saírvos, que vós pintades moi ben.
3º) A continuación recortade polas liñas, pero con coidado, non vos torzades.


Xa tedes o voso tangram! Agora a ver cantos animais podedes facer.







FACEMOS ANIMAIS

A continuación preséntovos a uns animais que tedes que pintar, recortar e montar cos que podedes facer un zoo, unha granxa ou inventar a túa propia historia.


1º) Pedide a papá ou mamá que imprima os debuxos.
2º) Pintar
3º)Dobrar pola liña de puntos e pega as dúas partes; na cebra, ademais, hai que dobrar cara a fóra as patas e pegalas nunha base de cartón, e no bufo seguir as instrucións para a súa montaxe.


BUFO






CEBRA



CROCODILO




OUSO


PORCO

TARTARUGA


XOANIÑA




OS BOLECHAS





Resultado de imagen de os bolechas


A continuación póñovos algunhas ligazóns a vídeos dos Bolechas que tanto vos gustan para que poidades velos nas vosas casas.


O enfado de Sonia
O casco de Braulio
Onde foi Braulio
Mamá demo
Dentista
O selfie
A tenda de camping
Os contos de avó
Touro sentado
Xirafas club
As pallasas Pili e Loli

DESDE A MIÑA XANELA

Pásovos unha iniciativa que me chegou e paréceme divertida e interesante.
Consiste en facer algunha manualidade ou debuxo e colgala das xanelas e balcóns. Así, cando miredes polas xanelas poderedes ver os traballos doutros nenos e nenas e así sentiredes acompañados. Para iso, nas ligazóns de plástica do blog irei deixando ideas.

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas!
Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando e aprendendo coma se estivésemos no cole.
Imos ir colgando no blog xogos, vídeos e actividades que podedes ir facendo.
Podedes poñervos en contacto comigo a través do correo electrónico que aparece no blogue para consultarme dúbidas, mandarme traballos para que os corrixa…
Ánimo que sodes uns campións!