COÑECEMOS AOS GRANDES COMPOSITORES
Bos
días!!
Durante
esta semana e a seguinte imos coñecer aos máis grandes compositores da Historia
da Música, pero imos facer dunha forma moi divertida.Imos traballar con Vivaldi, Mozart e Beethoven, dependendo do curso.
Espero que vos gusten as actividades.
1º E 2º: VIVALDI
Preséntovos
a un dos grandes compositores da historia: Antonio Vilvaldi.
O
seu nome completo é Antonio Lucio
Vivaldi. Viviu entre o S. XVII e XVII en Italia. Foi compositor, violinista,
profesor e sacerdote. É coñecido como “o cura
pelirrojo”. Pero para que poidades coñecerlle mellor, propóñovos que
vexades o seguinte vídeo:
A continuación, déixovos un debuxo de Vivaldi para que poidades colorearlo.
3º E 4º: MOZART
Vós
ides traballar con outro dos grandes compositores da historia, seguramente,
para moitos, o mellor.
O
seu nome completo era Wolfgang Amadeus
Christophorus Mozart. Naceu o 27 de xaneiro de 1756 en Salzburgo (Austria). Desde que tiña 3 anos
destacou como compositor, violinista,…
E
agora que xa coñeces a Mozart, déixoche unhas actividades moi divertidas sobre
él: tedes que facer o crucigrama, e colorear o debuxo
5º E 6º: BEETHOVEN
O
compositor que ides traballar vós é
outro dos grandes xenios: Beethoven.
Ludwig
van Beethoven naceu en Bonn o 16 de decembro
de 1770 e morreu en Viena, o 26 de marzo de 1827. Foi un compositor, director
de orquestra e virtuoso pianista alemán. É considerado un dos compositores máis
importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na
evolución posterior desta arte.
A
continuación déixovos un vídeo sobre a biografía de Beethoven para que poidades
coñecerlle mellor.
Como
xa coñecedes a Beethoven, déixovos a ligazón a un xogo sobre este xenial
compositor.