Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

xoves, 26 de marzo de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

O ENTROIDO DOS ANIMAIS (1º E 2º)

Bos días!!!
Continuamos co noso particular Entroido dos animais.
Os personaxes que hoxe  imos coñecer aos galos e as galiñas, que son os súbditos máis ruidosos do rei  Cocolot.
Escucha con atención como soan na ligazón que aparece a continuación, e para que continúes facendo a colección dos personaxes do Entroido dos Animais déixovos o debuxo das galiñas.




PICCOLO Y SAXO (3º E 4º)


Hoxe imos continuar traballando e xogando con  Piccolo, Saxo e Compañía. Do mesmo xeito que no conto, íanse coñecendo dunha nunha as familias de instrumentos ata formar a orquestra.

Vós xa coñecedes as familias de instrumentos, pero hoxe imos profundar nos instrumentos de CORDA. Para que estes instrumentos soen, é necesario facer vibrar as súas cordas de diferentes maneiras:

1. Fregándoas: utilízase para iso un arco, como no caso do violín, viólaa, o violoncelo ou o contrabaixo.

2. Pulsándoas: se  pellizcan as  curdas cos dedos, ou se “rascan” cunha  púa, como na guitarra, o arpa, a  mandolina…

3. Percutida; as cordas son golpeadas por algún mecanismo, como no caso do piano que o fai cuns pequenos martelos que se accionan ao pulsar unha das teclas e golpean a corda correspondente.

A continuación déixovos uns debuxos destes instrumentos para que os imprimades e pintédelos. Gardádeos, porque cando teñamos todos os instrumentos da orquestra, faremos un mural para que cada un sexades os directores de vosa propia orquestra.

Tamén podedes xogar con estes instrumentos nas páxinas web que tedes no blog.



A FRAUTA MÁXICA (5º E 6º)


Continuamos coñecendo a Frauta Máxica. Hoxe imos coñecer un pouco máis a fondo a estrutura da obra, vendo o resumo dalgúns actos. E dando unha versión alternativa da obra sobre a que vos propoñerei nos próximos días unha serie de divertidas actividades.