Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

luns, 30 de marzo de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

5º PRIMARIA

PINTAMOS O BARRIO




Bos días!!! Veña nenos e nenas que empezamos nova semana e xa non nos queda nada.
Hoxe imos facer unha lámina dun barrio moi especial. Nas fotos podedes ver o Barrio de Palmitas en México. Para fomentar a convivencia pacífica, o concello desa localidade encargou facer un mural moi especial a Xerme Crew, que é un colectivo de artistas que se dedican a facer murais.
Nesta ocasión, para facer o mural deste barrio participaron todos os veciños, convertendo o barrio en se en todo un mural.
Vós na lámina da páxina 13 do libro (do caderno de SOMOS ARTISTAS URBANOS), tedes que facer o voso particular barrio.
O primeiro que tedes que facer é pensar nunha mensaxe que queirades transmitir aos demais e cal vai ser a mellor forma de comunicalo. Para facelo podedes utilizar o que queirades (ceras, papeis, cartóns,...).
Aconséllovos que centredes o voso traballo na combinación de cores para que así poidades explicar que significan estes para vós.
Unha vez que fixésedes a lámina, mandádeme unha foto ao correo para corrixila. Ánimo que seguro que facemos uns barrios nos que daría gusto vivir.

PLÁSTICA 3º

UN FLOREIRO SIMÉTRICO




Hoxe imos facer a lámina páxina 47. Trátase dun floreiro simétrico.
Para determinar a simetría dun obxecto hay que trazar un eixe imaxianario que divida a figura en dúas partes iguais. Non só deben coincidir na forma, senón que a decoración e as cores deben ser iguais nos dous lados.
Se queredes, antes de facer o debuxo na lámina, debuxade unha figura xeométrica nunha folla e dobrádea pola metade facendo coincidir ambas as caras. O pregamento realizado indica o eixe de simetría da figura.
Unha vez feito isto podedes empezar a lámina (os que non teñades en casa o libro podedes imprimir a que eu vos poño aquí).
Non vos esquezades de representar as luces e as sombras do floreiro.
Os que fagades a lámina mandádeme unha foto ao correo para ver os floreiros tan bonitos que fixestes.

PLÁSTICA 1º

XOGAMOS COAS CENEFAS


Hoxe imos xogar a facer cenefas. Para iso póñovos a ligazón a un xogo online no que podedes escoller a cenefa que queredes facer, ademais de elixir as cores que ides utilizar, pero coidado, tedes que fixarvos moi ben no modelo.