Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

mércores, 18 de marzo de 2020

KAHOOT

Ademais, hoxe a profe Cris de Música en Castelán fíxonos un Kahoot online moi divertido para que xoguemos todos, así que entrade no seu blogue para ver cantas acertades
http://musi4vientos.blogspot.com/


E todos moi atentos que mañá imos A BAILAR!

A FRAUTA MÁXICA 5º E 6º



Como moitos de vós tedes a idea de que a ópera é un “rolo”, imos aproveitar estes días para que vexades que non é así, e que en concreto a obra que vos propoño é moi divertida.
A Frauta Máxica foi escrita por  W.A.Mozart, estreouse en Viena en 1971 e foi dirixida polo propio Mozart.
Esta obra é un precioso conto de fadas, cunha raíña  malísima incluída, onde o ben triunfa sobre o mal.
Os personaxes que forman parte desta historia son:  Tamino,  Sarastro, a Raíña da Noite,  Pamina,  Papageno,  Papagena, as tres damas ao servizo da Raíña,  Monostratos, sacerdotes e mozos.


ARGUMENTO
O príncipe  Tamino perseguido por unha enorme serpe penétrase nos dominios da Raíña da Noite, quen se lle aparece ensinándolle un retrato da súa filla  Pamina, secuestrada segundo ela polo malvado  Sarastro.


Tamino namórase perdidamente ao ver a fotografía da nova e a Raíña promete concederlle a man da súa filla coa condición de que a rescate. As tres damas daranlle unha frauta máxica capaz de cambiar o estado de ánimo das persoas que a oen e a  Papageno un  carillón máxico por querer acompañar ao príncipe. Así,  provistos de semellantes «armas» penetraranse nos territorios de  Sarastro. Pero enseguida danse conta que o mal, realmente non está encarnado en  Sarastro senón na Raíña da Noite.
Para poder permanecer lonxe da Raíña os dous amantes,  Tamino e  Pamina deberán superar unha serie de probas. Finalizadas estas os amantes reúnense e o ben triunfa sobre o mal.


A continuación vouvos a poñer uns fragmentos moi coñecidos desta ópera: O dúo de  Papageno e  Papagena e o Aria da Raíña da Noite