Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

mércores, 1 de abril de 2020

A TOLA GALERÍA


Hoxe tráiovos un xogo moi divertido, no que os cadros máis famosos do mundo volvéronse tolos. Fíxache ben nos cadros que ves en cada pantalla, xa que debaixo irán pasando a gran velocidade elementos e anacos de cadros que saíron a pasear.
Es capaz de acabar cada obra de arte antes de que se termine a música e o tempo?

Para xogar só tedes que picar na ligazón

PLÁSTICA 4º PRIMARIA COMPOSTILLA

ANDY WARHOL



Bos días!!! Hoxe imos traballar cun pintor que seguro que a maioría coñecedes. Se, seguro que se vos digo Andy Warhol non vos soa, pero a que se vos soa a imaxe da sopa de tomate?


Andrew Warhola, coñecido como Andy Warhol, naceu o 6 de agosto de 1928 ba cudade de Pittsburgh (Estados Unidos). Realizou anuncios publicitarios, ilustracións e pinturas.
É frecuente nas súas obras a multiplicación de imaxes, tomando como punto de partida una fotografía, en ocasións as de personaxes coñecidos ou productos de consumo.


A lámina que vos propoño hoxe é de arte pop, e o principal representante deste movemento é Andy Warhol.  A arte pop xurdiu na década de 1950 en Inglaterra e Estados Unidos. Este movemento urbano é totalmente alleo á natureza. Os artistas pop intentan chegar ao máximo público posible, polo que utilizan una mensaxe sinxela e de gran carga visual.


Para facer a vosa obra de arte pop, primeiro observa a cadro del Warhol que tes na lámina. Despois  tes que copiar as figuras que aparecen en branco nunha folla para utilizalas de patrón (podes copiar unha ou as dúas). Unha vez feito isto, elabora unha composición na cuadrícula que tes á dereita coa técnica do ESTERXIDO (consiste en aplicar pintura, con pincel, lánzándoa ou pulverizándoa, a través do patrón que recortastes. Para iso podes utilizar pallas de refresco.).
Como pode ser que non teñades pintura en casa, podedes facelo con ceras, rotuladores,..., pero tedes que elixir distintas cores para cada unha das figuras e para os fondos.


Póñovos unha imaxe da lámina para os que non tedes en casa o libro poidades imprimila. Xa sabedes que os que a fagades podedes mandarme unha foto ao correo para así poder corrixila.
Veña a converternos é artistas da arte pop!!