Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

mércores, 25 de marzo de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

MANUALIDADES CON ROLOS DE PAPEL



Bos días!!
Seguimos contribuíndo á reciclaxe. Para iso imos darlles unha nova utilidade aos  cartóns dos rolos de papel que vaiamos consumindo facendo con eles diferentes manualidades
https://www.pequeocio.com/manualidades-infantiles/manualidades-con-rollos-de-papel/


PLÁSTICA 4º

Hoxe continuamos facendo as láminas do noso libro.
Para os que non tedes o libro en casa, póñovos eu a imaxe para que poidades imprimila aqueles que dispoñades de impresora. Unha vez que a fixerades mandádema ao meu correo para así poder corrixila.
No traballo de hoxe debedes observar a imaxe e fixarvos moi ben no fondo e no muíño. Vós debedes debuxar un fondo que contraste co muíño proposto. Sede creativos, utilizade formas xeométricas e as cores que queirades. Para conseguir un efecto máis plástico, podedes utilizar como patrón calquera obxecto que se vos ocorra (gomas de borrar, tapóns,...) O resultado que pretendemos conseguir é que destaque a figura do fondo.