Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

martes, 28 de abril de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

FACEMOS INSTRUMENTOS!!!

 


Bos días!!
Acordádesvos do que era un lutier?
Bo, polo si ou polo non lémbrovolo eu. Un lutier é a persoa que se dedica a facer e reparar instrumentos, sobre todo de corda.
Pois hoxe ídesvos a converter en lutieres, xa que vos propoño que fabriquedes diferentes instrumentos.
Déixovos as ligazóns dos vídeos coas instrucións de como facelos. Hai un para 1º e 2º, outro para 3º e 4º, e outro para 5º e 6º.
Como podedes ver, hoxe tamén vos deixo a tarefa para todos os cursos, independentemente de que nos tocase clase hoxe ou non, xa que así tedes toda a semana para fabricar os vosos instrumentos.
Creo que teñades todos os materiais en casa, pero se vos falta algún non pasa nada, substituílo por outro.
Cando os fixerades, por favor mandádeme unha foto e así poderei poñelas no blogue para que todos vexádelos. Só fotografade o instrumento. Podedes mandarme as fotos ata o 4 de maio.
 

1º E 2º: MARACAS

 

 
 
A continuación tes o vídeo de como facer o instrumento.
 
  

3º e 4º: KAZOO

 
 

A continuación tes o vídeo de como facer o instrumento. 
 
 
 
 
 

5º E 6º: PAU DE CHOIVA

 
 
 
A continuación tes o vídeo de como facer o instrumento.