Déixovos novos episodios dos Bolechas para que poidades seguir vendo as historias desta familia tan peculiar
Actividades de música e plástica para os alumnos de galego dos colexios de Cuatro Vientos e Compostilla
Publicación destacada
PRESENTACIÓN
Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...
martes, 24 de marzo de 2020
MÚSICA JESÚS MAESTRO
XOGOS MUSICAIS
Bos días!!!
Hoxe déixovos uns xogos musicais para que comprobedes canto sabedes e ademais pasedes un bo intre.
TRIVIAL MUSICAL
Seguro que algunha vez xogaches ao Trivial, ou polo menos oíches falar del. Pois hoxe imos xogar pero a un Trivial musical.
Déixovos a ligazón.
https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.html
FACEMOS RITMOS
Neste xogo imos facer ritmos cun pandeiro virtual, pero coidado, que non é tan fácil. Pídenos que sexamos moi precisos, así que probade a ver se sodes capaces de chegar a un 100% de precisión.
MEMORY DE NOTAS
Agora imos xogar ao Memory, pero con notas musicais.
Póñovos unha páxina web con varios Memorys con diferentes dificultades. Podedes entrar en cada un e comprobar as notas musicais que lembrades.
luns, 23 de marzo de 2020
PLÁSTICA COMPOSTILLA
MANUALIDDES CON BOTELLAS
Bos días!!!!
Hoxe propóñovos unha ligazón cunha serie de manualidades para
aproveitar as botellas de plástico que vaiamos xerando estes días. Así ademais
de reutilizalas facendo delas unha obra de arte pasarémonolo ben.
IMOS DE EXCURSIÓN!!
Si,
si, como estades a ler. Imos de excursión.
Hoxe
propóñovos unha viaxe polos mellores museos do mundo (O Prado, O Louvre, o Museo Vaticano...) Para iso só
teredes que entrar na ligazón que vos poño e facer unha visita virtual a cada
un deles. Ademais
teredes a sorte de ser os únicos visitantes
A
viaxar!
venres, 20 de marzo de 2020
MÚSICA JESÚS MAESTRO
A BAILAR!
Bos días!!!
Bo mozos, é venres, e
tócanos divertirnos a fin de semana, así que vos deixo unhas ligazóns de JUST DANCE para que poidades facer un
concurso de baile familiar.
PLÁSTICA COMPOSTILLA
CHEGOU A PRIMAVERA!
Bos días!
Hoxe é 20 de marzo, e
comeza a primavera. Seguro que cando chega esta época moitos de vós poñedes nas
vosas xanelas, balcóns e xardíns plantas e flores. Este ano como non imos poder
ir compralas, pois imos facelas nós.
Propóñovos varias
ideas, pero podedes facer as que vós queirades. O que queira pode mandarme as
fotos do que fixo e publicarémolas no blogue para que todos vexámolas.
Veña, que se note que é
primavera!!
xoves, 19 de marzo de 2020
MÚSICA 2º, 3º Y 6º JESÚS MAESTRO
Bos días!!!
Hoxe é xoves, e temos clase de música os nenos e nenas de 2º, 3º e 6º de Jesús Maestro, así que vos vou a poñer a tarefa que iamos facer hoxe no cole.
Estas fichas tedes que mandarmas para corrixilas e avalialas aqueles que poidades.
Ánimo campións!!!
Hoxe é xoves, e temos clase de música os nenos e nenas de 2º, 3º e 6º de Jesús Maestro, así que vos vou a poñer a tarefa que iamos facer hoxe no cole.
Estas fichas tedes que mandarmas para corrixilas e avalialas aqueles que poidades.
Ánimo campións!!!
FICHAS 2º
FICHAS 3º
FICHAS 6º
mércores, 18 de marzo de 2020
KAHOOT
Ademais, hoxe a profe Cris de Música en Castelán fíxonos un Kahoot online moi divertido para que xoguemos todos, así que entrade no seu blogue
para ver cantas acertades
http://musi4vientos.blogspot.com/
E todos moi atentos que mañá imos A BAILAR!
http://musi4vientos.blogspot.com/
E todos moi atentos que mañá imos A BAILAR!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

























