Hoxe continuamos coas nosas obras mestras.
O ENTROIDO DOS ANIMAIS (1º E 2º)
Hoxe veñen vernos os
cabalos, que son os máis rápidos do reino.
Escucha a música na
ligazón que aparece a continuación, e
colorea o debuxo do cabalo que che presento.
PICCOLO E SAXO (3º E 4º)
Continuamos
coñecendo instrumentos para formar a nosa orquestra. Hoxe tócalle a quenda aos
instrumentos de vento. Para que estes soen, é necesario que o aire pase por un
tubo e prodúzase o son.
Os
instrumentos de vento, segundo sexa a súa embocadura, poden ser de vento-
madeira ou vento – metal:
1.Vento
– madeira: frauta travesera,
frautín, clarinete, oboe, fagot, saxofón…
2.Vento
– metal: trompeta, trombón, trompa,
tuba..
Do
mesmo xeito que cos instrumentos de corda, a continuación déixovos os debuxos
dos instrumentos de vento, e podedes seguir xogando nas páxinas web indicadas
no blog.
A FRAUTA MÁXICA (5º E 6º)
Continuamos profundando
na Frauta Máxica. Hoxe é a quenda de coñecer aos personaxes
Tamino
é
un novo príncipe, guapo, valeroso e
tenor, que busca sen cesar ao seu
Pamina. Ten que desafiar grandes perigos e resolver difíciles enigmas
ata casar con ela.
Pamina
é unha bela soprano, filla da terrible Raíña da noite, que foi raptada por Sarastro, o seu pai, para protexela da súa
nai.
A
Raíña da Noite é a malvada nai de Pamina. Está posta a mal con Sarastro polo secuestro da súa filla. É
bastante “ brujapiruja” e ten unha voz de soprano aguda, potente e saltimbanqui.
Sarastro
é
unha especie de Gran Sacerdote con poderes de mago que canta con vos de baixo. Dá medo ao principio, porque
parece cruel e inxusto, pero non vos
fieis das aparencias.
Papageno
é
un simpático pajarero, falador e fanfarrón. Vai vestido con plumas e leva unha
frauta de tubos e unha cesta con paxaros para a Raíña da noite. Gústalle a
comida, a bebida e as mozas guapas.
Papagena
é
a moza que anda buscando sempre
Papageno. Igual que el, leva plumas (Hai que estar atentos!, porque
antes de aparecer tal e como é, faio disfrazada de vella).
As
tres damas son o séquito da Raíña da noite: fan
todo o que a raíña lles ordena.
Os
tres raparigos son tres nenos vestidos de paxes que
aconsellan e guían a Tamino e Pamina na súa aventura.
Monostatos
é
un servente de Sarastro estrafalario e
brután que está namorado de Pamina, pero
ela non lle quere nin ver.
Como xa coñecemos tanto o argumento como aos personaxes da Frauta Máxica, imos comezar a preparar a nosa representación, xa que cando terminemos
podedes converter o salón da vosa casa no Teatro Real e facer unha magnífica
interpretación da ópera. Para iso, o primeiro é crear decorados, personaxes,….
Vou facilitar unhas
ideas para facer os personaxes:
-
ACUÑADO DE IMAXES
Para traballar con
acuñado de imaxes precísase soamente unha tesoira sen puntas, colección de
cartolinas de cores, pegamento suave, cinta adhesiva e uns cuantos fíos para
mover as figuras no seu decorado.
A
continuación póñovos a ligazón a un vídeo para que vexades en que consiste e
cal é o seu resultado
- DEBUXOS PARA COLOREAR