MANUALIDADES CON ROLOS DE PAPEL
Bos días!!
Seguimos contribuíndo á
reciclaxe. Para iso imos darlles unha nova utilidade aos cartóns dos rolos de papel que vaiamos
consumindo facendo con eles diferentes manualidades
https://www.pequeocio.com/manualidades-infantiles/manualidades-con-rollos-de-papel/PLÁSTICA 4º
Hoxe continuamos facendo as láminas do noso libro.
Para os que non tedes o libro en casa, póñovos eu a imaxe para que poidades imprimila aqueles que dispoñades de impresora.
Unha vez que a fixerades mandádema ao meu correo para así poder corrixila.
No traballo de hoxe debedes observar a imaxe e fixarvos moi ben no fondo e no muíño.
Vós debedes debuxar un fondo que contraste co muíño proposto. Sede creativos, utilizade formas xeométricas e as cores que queirades.
Para conseguir un efecto máis plástico, podedes utilizar como patrón calquera obxecto que se vos ocorra (gomas de borrar, tapóns,...)
O resultado que pretendemos conseguir é que destaque a figura do fondo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario