Como
moitos de vós tedes a idea de que a ópera é un “rolo”, imos aproveitar estes
días para que vexades que non é así, e que en concreto a obra que vos propoño é
moi divertida.
A
Frauta Máxica foi escrita por
W.A.Mozart, estreouse en Viena en 1971 e foi dirixida polo propio
Mozart.
Esta
obra é un precioso conto de fadas, cunha raíña
malísima incluída, onde o ben triunfa sobre o mal.
Os
personaxes que forman parte desta historia son:
Tamino, Sarastro, a Raíña da
Noite, Pamina, Papageno,
Papagena, as tres damas ao servizo da Raíña, Monostratos, sacerdotes e mozos.
ARGUMENTO
O príncipe
Tamino perseguido por unha enorme serpe penétrase nos dominios da Raíña
da Noite, quen se lle aparece ensinándolle un retrato da súa filla Pamina, secuestrada segundo ela polo
malvado Sarastro.
Tamino namórase perdidamente ao ver a fotografía da
nova e a Raíña promete concederlle a man da súa filla coa condición de que a
rescate. As tres damas daranlle unha frauta máxica capaz de cambiar o estado de
ánimo das persoas que a oen e a Papageno
un carillón máxico por querer acompañar
ao príncipe. Así, provistos de
semellantes «armas» penetraranse nos territorios de Sarastro. Pero enseguida danse conta que o
mal, realmente non está encarnado en
Sarastro senón na Raíña da Noite.
Para poder permanecer lonxe da Raíña os dous
amantes, Tamino e Pamina deberán superar unha serie de probas.
Finalizadas estas os amantes reúnense e o ben triunfa sobre o mal.
A continuación vouvos a
poñer uns fragmentos moi coñecidos desta ópera: O dúo de Papageno e
Papagena e o Aria da Raíña da Noite
E xa que coñecedes os
detalles desta obra, propóñovos ver un conto sobre ela
Ningún comentario:
Publicar un comentario