TANGRAM ANIMAIS
Como no cole estades a traballar os animais, propóñovos que fagamos algúns deles. A primeira manualidade consiste en facer as pezas dun tangram coas que poderedes formar diferentes animais seguindo as instrucións que aparecen na imaxe.1º) Pedide axuda aos papás e mamás para que vos impriman o debuxo.
2º) Pintade cada unha das pezas, pero sen saírvos, que vós pintades moi ben.
3º) A continuación recortade polas liñas, pero con coidado, non vos torzades.
Xa tedes o voso tangram! Agora a ver cantos animais podedes facer.
FACEMOS ANIMAIS
A continuación preséntovos a uns animais que tedes que pintar, recortar e montar cos que podedes facer un zoo, unha granxa ou inventar a túa propia historia.1º) Pedide a papá ou mamá que imprima os debuxos.
2º) Pintar
3º)Dobrar pola liña de puntos e pega as dúas partes; na cebra, ademais, hai que dobrar cara a fóra as patas e pegalas nunha base de cartón, e no bufo seguir as instrucións para a súa montaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario