FACEMOS INSTRUMENTOS!!!
Bos días!!
Acordádesvos
do que era un lutier?
Bo, polo si
ou polo non lémbrovolo eu. Un lutier é a persoa que se dedica a facer e reparar
instrumentos, sobre todo de corda.
Pois hoxe
ídesvos a converter en lutieres, xa que vos propoño que fabriquedes diferentes
instrumentos.
Déixovos as
ligazóns dos vídeos coas instrucións de como facelos. Hai un para 1º e 2º,
outro para 3º e 4º, e outro para 5º e 6º.
Como podedes
ver, hoxe tamén vos deixo a tarefa para todos os cursos, independentemente de
que nos tocase clase hoxe ou non, xa que así tedes toda a semana para fabricar
os vosos instrumentos.
Creo que
teñades todos os materiais en casa, pero se vos falta algún non pasa nada,
substituílo por outro.
Cando os
fixerades, por favor mandádeme unha foto e así poderei poñelas no blogue para
que todos vexádelos. Só fotografade o instrumento. Podedes mandarme as fotos ata o 4 de maio.
1º E 2º: MARACAS
A continuación tes o vídeo de como facer o instrumento.
3º e 4º: KAZOO
A continuación tes o vídeo de como facer o instrumento.
5º E 6º: PAU DE CHOIVA
A continuación tes o vídeo de como facer o instrumento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario