Bos días!!!
O día 23 de abril celebramos o Día do Libro, xa que se conmemora a morte dos dous escritores máis importantes da literatura universal: Cervantes e Shakespeare.
Por este motivo, nós imos facer unha serie de traballos moi divertidos.
AS ACTIVIDADES QUE VOS PROPOÑO HOXE SERÁN PARA QUE AS FAGADES DURANTE TODA ESTA SEMANA E A QUE VÉN, ASÍ QUE DE PLÁSTICA PARA COMPOSTILLA NON TEREDES MÁIS
1º, 2º, 3º E 4º COMPOSTILLA: O PRINCIPIÑO
O Principiño é unha obra escrita por Antoine de Saint- Exupéry onde se narra a aventura que vive un aviador que se atopa perdido no deserto do Sahara, despois de ter unha avaría no seu avión. Entón aparece un pequeno príncipe. .O principiño vive nun pequeno planeta, o asteroide B 612, no que hai tres volcáns (dous deles activos e un non) e unha rosa.
Para que poidades ler o conto, déixovos unhas ligazóns a el tanto en castelán como en galego, e así descubriredes que lles pasa tanto ao aviador como ao Principiño.
Para que poidades ler o conto, déixovos unhas ligazóns a el tanto en castelán como en galego, e así descubriredes que lles pasa tanto ao aviador como ao Principiño.
E para que poidades crear o voso propio libro, póñovos unha ligazón para que fagades un mini Principiño. Só tedes que colorear os debuxos e dobrar correctamente para que se correspondan as follas. Os máis peques podedes pedir axuda aos papás e mamás.
Ademais, podedes crear vosa propia historia facendo os recortables do Principiño e do Avión.
E por último déixovos uns divertidos marcapáginas para que usedes en todos os
libros que leades estes días.
5º COMPOSTILLA: HAIKU E PAI PAI
O Haiku é un breve poema procedente do milenario Xapón. É unha miniatura poética de 17 sílabas, distribuídas en tres versos: 5-7-5. Naceu como xogo de palabras humorístico ou desconcertante. Máis adiante, Mastsuo Basho elevouno a xénero poético.
COMO ESCRIBIR UN HAIKU?
• Escríbeo en presente.
• Se natural e conciso/a.
• Os tres versos non poden ser unha oración lineal ou demasiado lóxica.
• As mellores imaxes van ao principio.
• O remate se reserva para o final.
• Emprega elementos da natureza.
• Utiliza xogos de palabras.
• Evita referencias a ti mesmo/a.
• O primeiro verso pode rimar co terceiro, ou non rimar.

Vou deixar os persoais para facer un Haiku e un libro Pai Pai.
Aparecen dúas tarxetas explicativas do concepto de Haiku, que pertence á cultura xaponesa, e tamén conta que é o pai pai, un abanico xaponés que procede de China, para pegalo no pai pai. Podedes utilizar brillantitos adhesivos troqueladoras con formas, adhesivos, recortes de papeis de agasallo....

PERSOAIS:
INSTRUCIÓNS HAIKU E PAI PAI
Ningún comentario:
Publicar un comentario