XOGAMOS?
Como xa tedes a tarefa para esta semana, hoxe vouvos a
deixar colgados unhas ligazóns a uns xogos moi divertidos que están organizados
por cursos, pero se queredes, podedes xogar con todos aínda que non sexan do
voso.
1º E 2º PRIMARIA: COLOREAMOS CON PUNTOS
Déixovos en ligazón a un xogo no que tedes que ir
coloreando os debuxos con puntos segundo o modelo. Hai varios niveis de
dificultade, así que ánimo, a por os difíciles!!
3º E 4º PRIMARIA: INTERIORISTAS POR UN DÍA
Vouvos
a deixar un xogo moi divertido no que vos converteredes en decoradores. Tedes
que escoller que habitación queredes decorar e logo elixir todo o que hai nela,
pero coidado como o colocades, que tedes que deixar sitio para poder pasar
entre os mobles. Xa veredes que casas máis bonitas quédanvos.
5º PRIMARIA: LIBRO INTERACTIVO DE KEITH HARING
Se
picades na ligazón entraredes nun xogo no que teredes que crear o voso propio
libro.
O
primeiro que teredes que facer é ir escollendo as letras para escribir a
historia, e despois elixir debuxos para ilustrala.
Tamén
teredes que pintar as letras e os debuxos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario