Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

venres, 29 de maio de 2020

PLÁSTICA 1º E 2º COMPOSTILLA

FACEMOS UNHA TARXETA DUNHA QUENLLA

 
 
Bos días!!
Como seguides traballando o tema da auga, a profe Cristina propuxo facer unha tarxeta dunha quenlla moi divertida.
Déixovos a ligazón a un vídeo explicativo a continuación, e Cristina deixaravos o persoal para facer a nos arquivos de TEAMS.
Espero que vos guste!!!
 
 
Déixovos o persoal da quenlla para os nenos e nenas de 2º de Primaria, xa que vós non o tedes no Teams
 


martes, 26 de maio de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

FACEMOS UN QUIZIZZ

 
Bos días!!
Hoxe imos ha facer un QUIZIZZ.
A maioría xa fixestes algún, pero explícovos o que tedes que facer polo si ou polo non.
Un QUIZIZZ é un cuestionario; teredes varias preguntas con varias respostas, das cales só unha é correcta. Teredes un tempo para marcar a resposta correcta. Vou deixar unhas ligazóns a un QUIZIZZ para cada curso; só teredes que picar no voso e empezar a facelo. O primeiro que teredes que poñer é o voso NOME COMPLETO, e isto é moi importante, xa que senón non saberei quen o faga.
Ademais, para que lembredes algúns contidos dos que vimos ao longo do curso, e así vos sexa máis fácil contestar as preguntas do QUIZIZZ, déixovos unha folla de repaso para que a "estudedes" antes. Estas follas vóuvolas a poñer en castelán e en galego, xa que o QUIZIZZ está en castelán.
Ánimo, que seguro que acertades todas as preguntas!! 

1º PRIMARIA



 

2ºPRIMARIA

 

 

3º PRIMARIA

 

 
 

4º PRIMARIA


 
 

5º PRIMARIA


 
 
 

6º PRIMARIA




 
 



 

 





 
 
 
 



 

luns, 25 de maio de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

XOGAMOS!!





3º, 4º E 5º PRIMARIA: CARTEIS

 
No xogo que che deixo a continuación tes que escoller os materiais adecuados para completar o cartel.


 

 

 



 

venres, 22 de maio de 2020

PLÁSTICA 1º Y 2º COMPOSTILLA

HACEMOS UN ACUARIO

 
Buenos días!!
Hoy os pongo la explicación en castellano, ya que esta actividad la vais a hacer todos, y no sólo los niños y niñas que venís a gallego.
Como esta semana habéis estado trabajando el agua, pues vamos a hacer un acuario.
Esta tarea tenéis tiempo para hacerla, ya que la semana que viene no os pondré nada para que podáis seguir haciendo vuestro acuario.
A continuación os dejo los materiales y las instrucciones.

Espero que os guste!!!

MATERIALES:
- Cartulina azul y amarilla.
- Tapones de botella
- Papel de seda verde
- Pintura blanca
- Ojos móviles (si no tenéis podéis pintarlos)
-  Rotuladores,  purpurina, … para decorar.
- Cola, pegamento, pistola de silicona (pedir a los papás o mamás que os ayuden a pegar los tapones en la cartulina
REALIZACIÓN:
Para hacer nuestro fabuloso acuario, lo primero que tenemos que hacer son los peces; para ello, cogeremos los tapones de las botellas y les pondremos o pintaremos un ojo, (solo uno, ya que a los peces les veremos de lado), después, les pondremos las  escamas y las aletas con  rotulador,  purpurina o lo que queráis (fijaros en la foto).
A continuación recortaremos triángulos de cartulina amarilla que serán la cola del pez e igualmente pondremos las escamas con rotulador o lo que queráis.
Una vez hecho esto, pegaremos los triángulos en la cartulina, donde queramos, pero tened cuidado, no los peguéis muy juntos, ya que son las colas los peces, y si están muy juntos no nos entraría el cuerpo (tapón de botella) ni el resto de decoración del acuario.
Posteriormente, pegaremos los tapones encima del vértice del triángulo (pedid a los papás y mamás que os ayuden).
Y por último, decoraremos el fondo del acuario haciendo algas con papel de seda verde, pintando las burbujas con pintura blanca,...

Ánimo que os va a quedar precioso!!!

OS BOLECHAS


Bos días!!
Hoxe como é venres,  vou deixarvos novos capítulos dos Bolechas.
Espero que vos gusten!!
SONIA TEN UNHA GARDARÍA
A BONECA FALADORA
SONIA É MASAXISTA
O TELESCOPIO DE BRAULIO


mércores, 20 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

 
Bos días!!!
Esta semana témola completa de celebracións.
O pasado domingo 17 de maio, habemos visto que foi o Día Internacional dos Museos, pero ademais, tamén foi o Día das Letras Galegas.
Este ano, o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, pero pola alerta sanitaria que vivimos, todos os actos trasladáronse ao 31 de outubro.
De todos os xeitos, vou deixar unha ligazón a unha páxina web onde poderedes coñecer a este personaxe e realizar actividades e xogos sobre el.
Espero que vos gusten!!!
 


martes, 19 de maio de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS


Bos días!!!
Onte, 18 de maio, foi o Día Internacional dos Museos, así que a actividade desta semana é para todos os cursos a mesma: imos visitar o Museo de Instrumentos de  Urueña e o da Royal  Academy.
Para iso, imos realizar unha visita virtual a través das ligazóns que vos deixo a continuación.

MUSEO DE URUEÑA
MUSEO ROYAL ACADEMY


E para que comprobedes todo o que aprendestes nas visitas a estes museos, déixovos un xogo no que poderedes dar a volta ao mundo a través dos instrumentos musicais dos diferentes países.

XOGO A VOLTA AO MUNDO EN 10 INSTRUMENTOS

luns, 18 de maio de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

 


Bos días!!
Hoxe é o Día Internacional dos Museos.
Como o trimestre pasado xa fixemos algunhas "visitas virtuais" a museos moi importantes, hoxe imos traballar algunha das obras máis importantes que se atopan neles.
Esta semana, póñovos hoxe a tarefa para todos os cursos, xa que para todos tedes un traballo relacionado cos museos.

1º E 2º PRIMARIA

 
A obra que vos presento chámase Muller Durmindo, e é dun dos pintores españois máis importantes da historia: Picasso.
Para que poidades coñecer mellor a este pintor déixovos un vídeo moi divertido; só tedes que picar no nome Picasso e poderédelo ver.
 
 
Para facer o voso cadro, só tedes que  colorear a lámina cos materiais que queirades.
 
 

3º E 4º PRIMARIA

 
O cadro que vos presento é o de As  Meninas. Probablemente será un dos cadros máis coñecidos tanto en España como en todo o mundo. O seu autor é Diego  Velázquez, e para que lle poidades coñecer mellor, déixovos un vídeo. Para velo só tedes que picar no seu nome.
 
 
As  Meninas é un cadro que na actualidade podedes ver no Museo do Prado e vos deixo un vídeo para que coñezades o cadro.
 
 
Para facer as vosas  Meninas só tedes que  colorear a lámina usando os materiais que queirades.
 

5º PRIMARIA

 
 


 

O cadro que vos presento é a Moza da Perla de  Johannes  Vermeer e atópase no Museo  Mauritshuis da Haia.
Para que poidades coñecer mellor a esta enigmática nova, déixovos un vídeo que poderedes ver se picades no seu nome.

 
Para facer vosa Moza da Perla, só tedes que  colorear a lámina que vos deixo utilizando os materiais que queirades.
 
 
 
 
 


 



 
 
 


 

venres, 15 de maio de 2020

PLÁSTICA 1º PRIMARIA COMPOSTILLA

MUÍÑOS DE VENTO


Hoxe propóñovos unha manualidade moi divertida que me mandou a vosa mestra Cristina.
Como esta semana estivestes traballando o tema do vento, imos facer uns muíños de vento que poderedes poñer nas vosas xanelas, balcóns ou xardíns, e xa veredes como se moven.
Déixovos varias ligazóns a uns vídeos onde vos dirán como tedes que facelos, pero se queredes podedes buscar outros diferentes ou con outros materiais que vos gusten máis.
Espero que vos gusten!!

MUÍÑO DE VENTO CON PAPEL

COMO FACER UN MUÍÑO DE VENTO DE PAPEL CUN FOLIO


 

A BAILAR!!

JUST DANCE


Bos días!!
Hoxe como é venres, e hai días que non o facemos, toca bailar. Para iso, como sempre, déixovos unhas ligazóns de  Just Dance.
Espero que vos gusten!!
 
 
 

mércores, 13 de maio de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

4º DE PRIMARIA

 


Bos días!!
Hoxe continuamos traballando co libro. Os que o tedes en casa podedes facelo nel, e os que non vos deixo a lámina para que poidades imprimila e facela.
Nesta lámina tedes que debuxar un coche parado e outro en movemento seguindo a técnica do  difuminado, que é un recurso gráfico que consiste en estender e suavizar cun algodón o trazo da cor, rebaixando así os contornos das figuras.
Utilízase para dar sensación de velocidade ou crear un ambiente de néboa.

 

martes, 12 de maio de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

FACEMOS DITADOS



Bos días!!
Esta semana póñovos hoxe o de todos os cursos para que así poidades ir practicando durante toda a semana.
Imos facer ditados; si, si, como o oídes, ditados. En música xa sabedes que no canto de usar palabras como en lingua, usamos notas e figuras musicais.
Para que poidades facer estes ditados, que son moi divertidos, déixovos uns vídeos e páxinas de xogos para que poidades facelos.
 

1º E 2º PRIMARIA


A continuación tedes un vídeo para facer o voso ditado descubrindo se o son sobe ou baixa. O instrumento que soa é unha frauta de  émbolo, coa cal só se poden facer sons ascendentes (que soben) ou descendentes (que baixan). Estad moi atentos, a ver se acertades todos.

A continuación tedes un vídeo para facer o voso ditado descubrindo se o son sobe ou baixa. O instrumento que soa é unha frauta de  émbolo, coa cal só se poden facer sons ascendentes (que soben) ou descendentes (que baixan). Estad moi atentos, a ver se acertades todos.




 

Na seguinte ligazón tedes un xogo moi divertido no que tamén teredes que descubrir sons ascendentes e descendentes.
 
 

3º, 4º, 5º E 6º PRIMARIA

 
Na ligazón que vos poño a continuación tedes un xogo moi divertido para facer ditados, no que teredes que elixir os ditados que facedes.
Xa veredes como acertades moitos!!
 

luns, 11 de maio de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

1º E 2º PRIMARIA



Bos días!!Hoxe déixovos as pezas para construír un avión.

 

3º PRIMARIA

Esta semana imos continuar traballando coas láminas do libro. Os que o teñades en casa podedes facela nel (páxina 51), e os que non podedes imprimila e seguir as instrucións.
Teredes que  colorear con pinturas de cera ou de madeira cada fragmento coa cor que indican as instrucións numéricas. Cando o haxades  coloreado, teredes que repasar os bordos con  rotulador da cor indicada.
 
 
 

5º PRIMARIA: FACEMOS UN ANUNCIO

 
 


 
 
A actividade que vos propoño esta semana consiste en que vos convertades en publicistas. Os publicistas son os persoas que se encargan de deseñar os anuncios que vemos na televisión, as revistas, a radio...
Vós tedes que facer o anuncio dun produto para publicalo nunha revista. Para iso, o primeiro que tedes que facer é escoller o que queredes anunciar. Unha vez que o escollerades, debedes debuxalo mostrando todas as vantaxes que ten, xa que o que tedes que facer é tentar vendelo. E por último escoller un slogan.
Para que o entendades mellor, déixovos unha ligazón a un vídeo para que o entendades mellor.
 
 
 


xoves, 7 de maio de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

CONVERTÉMONOS EN LUTHIERS

 

Bos días!!
Tal e como vos dixen, vou poñer as fotos que me mandastes dos vosos instrumentos.
Sodes uns artistas!!!!.
Espero que vos gusten.

MARACAS 1º E 2º


 

 

 

  

 

  

 

 

 


KAZOOS 3º E 4º

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 

PAU DE CHOIVA 5º E 6º