1º E 2º PRIMARIA
Bos
días!!Hoxe déixovos as pezas para construír un avión.
3º PRIMARIA
Esta
semana imos continuar traballando coas láminas do libro. Os que o teñades en
casa podedes facela nel (páxina 51), e os que non podedes imprimila e seguir as
instrucións.
Teredes
que colorear con pinturas de cera ou de
madeira cada fragmento coa cor que indican as instrucións numéricas. Cando o
haxades coloreado, teredes que repasar
os bordos con rotulador da cor indicada.
5º PRIMARIA: FACEMOS UN ANUNCIO
A
actividade que vos propoño esta semana consiste en que vos convertades en
publicistas. Os publicistas son os persoas que se encargan de deseñar os
anuncios que vemos na televisión, as revistas, a radio...
Vós
tedes que facer o anuncio dun produto para publicalo nunha revista. Para iso, o
primeiro que tedes que facer é escoller o que queredes anunciar. Unha vez que o
escollerades, debedes debuxalo mostrando todas as vantaxes que ten, xa que o
que tedes que facer é tentar vendelo. E por último escoller un slogan.
Para
que o entendades mellor, déixovos unha ligazón a un vídeo para que o entendades
mellor.
Buenos días patricia te han llegado los email con los trabajos de Yahel??
ResponderEliminarBuenos días. No me han llegado. Si puedes enviármelo otra vez por favor te lo agradezco
Eliminar