Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

mércores, 18 de marzo de 2020

A FRAUTA MÁXICA 5º E 6º



Como moitos de vós tedes a idea de que a ópera é un “rolo”, imos aproveitar estes días para que vexades que non é así, e que en concreto a obra que vos propoño é moi divertida.
A Frauta Máxica foi escrita por  W.A.Mozart, estreouse en Viena en 1971 e foi dirixida polo propio Mozart.
Esta obra é un precioso conto de fadas, cunha raíña  malísima incluída, onde o ben triunfa sobre o mal.
Os personaxes que forman parte desta historia son:  Tamino,  Sarastro, a Raíña da Noite,  Pamina,  Papageno,  Papagena, as tres damas ao servizo da Raíña,  Monostratos, sacerdotes e mozos.


ARGUMENTO
O príncipe  Tamino perseguido por unha enorme serpe penétrase nos dominios da Raíña da Noite, quen se lle aparece ensinándolle un retrato da súa filla  Pamina, secuestrada segundo ela polo malvado  Sarastro.


Tamino namórase perdidamente ao ver a fotografía da nova e a Raíña promete concederlle a man da súa filla coa condición de que a rescate. As tres damas daranlle unha frauta máxica capaz de cambiar o estado de ánimo das persoas que a oen e a  Papageno un  carillón máxico por querer acompañar ao príncipe. Así,  provistos de semellantes «armas» penetraranse nos territorios de  Sarastro. Pero enseguida danse conta que o mal, realmente non está encarnado en  Sarastro senón na Raíña da Noite.
Para poder permanecer lonxe da Raíña os dous amantes,  Tamino e  Pamina deberán superar unha serie de probas. Finalizadas estas os amantes reúnense e o ben triunfa sobre o mal.


A continuación vouvos a poñer uns fragmentos moi coñecidos desta ópera: O dúo de  Papageno e  Papagena e o Aria da Raíña da Noite


















CONTO "PICCOLO E SAXO" 3º E 4º



Hoxe preséntovos un conto moi divertido sobre como se coñeceron as familias de instrumentos e así xurdiu a orquestra
Este conto chámase  Piccolo, Saxo e Compañía e foi escrito por  Andreé  Popp, que foi un compositor,  arreglista e director de orquestra, para que os nenos e nenas puidesen entender a orquestra.
Para ver o conto só tes que entrar na ligazón que che poño a continuación. Cando termines de velo, feixe un cómic que conte a historia

XOGAMOS COS ANIMAIS 1º Y 2º

Bos días!!
Continuamos xogando cos nosos "animais musicais"
No día de hoxe, imos escoitar a través da ligazón que vos poño A marcha Real do León. O rei da nosa historia chámase Cocolocot, e é un rei moi guay, xa que sempre axuda aos seus súbditos, que son os animais da selva, xoga con eles e axúdalles sempre que o necesitan. Mentres escoitades a música, imaxinarvos que o rei Cocolot está a se espertar e preparándose para pasear polos seus dominios e saudar a todos os animais. Despois de escoitar a música podedes pintar o debuxo do rei Cocolot que vos deixo.


PLÁSTICA 4º COMPOSTILLA


Ola nenos e nenas. Hoxe tócanos clase de plástica, polo que continuamos traballando coas láminas do libro.

O pasado mércores estivemos a facer a lámina Unha paisaxe con gotas, o cal estabamos a pintar coas témperas; como as maioría supoño que as deixastes na escola, deixaremos esa lámina para cando volvamos, e agora imos empezar a seguinte: unha obra con reflexos (lámina 16 do libro páxina 41).

Na imaxe que aparece, hai un foco de luz que permite moldear plasticamente os obxectos e as figuras, é dicir, que teñan volume, e fai que a obra sexa moi realista. Vós tedes que tratar de descubrir onde está ese foco de luz.

Tras isto, só tedes que colorear o bosquexo que aparece, pero debe ser o máis parecido ao cadro de Caravaggio que aparece; para iso podedes utilizar un truco: utilizade algodón, unha vez que o pintarades enteiro, para difuminar a cor. Déixovos unha imaxe da lámina para que poidades imprimila por se non tedes o libro en casa.

Cando a terminarades, mandádesma ao meu correo para así corrixilas antes do próximo mércores 25.

Ánimo mozos que isto está xa dominado.

martes, 17 de marzo de 2020

REPASAMOS OS INSTRUMENTOS 3º E 4º

Déixovos unhas fichas de instrumentos musicais para que poidades recortalos e pegalos na casa correspondente ao seu nome e familia, xa que nos servirá de repaso para poder entender os xogos e actividades que vos vou a ir colgando todos os días, que estarán relacionadas cunha historia moi "peculiar" sobre como se coñeceron as familias de instrumentos












XOGAMOS COS ANIMAIS 1º E 2º

Ademais de facer as fichas que vos mandei, vou poñer un material que nos servirá de repaso e ademais serviranos para xogar e pasárnolo ben.
Isto non mo tedes que mandar, é para vós. Durante estes días, imos lembrar e divertirnos cunha obra dun compositor francés, Camille Saint- Säens que se titula O Entroido dos Animais.
Todos os días irei poñendo actividades para que poidades ir facéndoas, así que aínda que non sexa o día que temos clase, atentos ao blogue para poder seguilas.

O primeiro que imos facer para coñecer a obra é ver un conto sobre ela. A continuación déixovos a ligazón para que poidades velo.

Unha vez que o virades, podedes pintar as caretas que vos deixo e crear vosa propia historia







MÚSICA 1º, 4º Y 5º

Bos días!!! Hoxe é martes e temos clase de música os nenos e nenas de 1º, 4º e 5º do cole Jesús Maestro, así que ademais facer xogos e outras actividades, imos seguir traballando coma se estivésemos no cole. Para iso vouvos a deixar a cada curso unhas fichas para que me mandedes ao correo e poder corrixilas e avalialas.


Ánimo mozos que sodes uns heroes!!! O meu aplauso de hoxe vai por vós, polo ben que o estades facendo todos os nenos e nenas.


MÚSICA 1º

Como xa vos dixen, estas son as fichas que tedes que facer e mandarme antes do martes que vén que é cando temos clase outra vez. Son un repaso de todo o que vimos ata o de agora na escola, así que seguro que as facedes moi ben, pero se tedes algunha dúbida, poñervos en contacto comigo.




MÚSICA 4º

As fichas que me tedes que mandar son as seguintes.






MÚSICA 5º

As fichas que me tedes que mandar son as seguintes.