Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

mércores, 25 de marzo de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

MANUALIDADES CON ROLOS DE PAPEL



Bos días!!
Seguimos contribuíndo á reciclaxe. Para iso imos darlles unha nova utilidade aos  cartóns dos rolos de papel que vaiamos consumindo facendo con eles diferentes manualidades
https://www.pequeocio.com/manualidades-infantiles/manualidades-con-rollos-de-papel/


PLÁSTICA 4º

Hoxe continuamos facendo as láminas do noso libro.
Para os que non tedes o libro en casa, póñovos eu a imaxe para que poidades imprimila aqueles que dispoñades de impresora. Unha vez que a fixerades mandádema ao meu correo para así poder corrixila.
No traballo de hoxe debedes observar a imaxe e fixarvos moi ben no fondo e no muíño. Vós debedes debuxar un fondo que contraste co muíño proposto. Sede creativos, utilizade formas xeométricas e as cores que queirades. Para conseguir un efecto máis plástico, podedes utilizar como patrón calquera obxecto que se vos ocorra (gomas de borrar, tapóns,...) O resultado que pretendemos conseguir é que destaque a figura do fondo.






martes, 24 de marzo de 2020

OS BOLECHAS



Déixovos novos episodios dos Bolechas para que poidades seguir vendo as historias desta familia tan peculiar







MÚSICA JESÚS MAESTRO

XOGOS MUSICAIS

Bos días!!!
Hoxe déixovos uns xogos musicais para que comprobedes canto sabedes e ademais pasedes un bo intre.

TRIVIAL MUSICAL



Seguro que algunha vez xogaches ao Trivial, ou polo menos oíches falar del. Pois hoxe imos xogar pero a un Trivial musical.
Déixovos a ligazón.


https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.html


FACEMOS RITMOS





Neste xogo imos facer ritmos cun pandeiro virtual, pero coidado, que non é tan fácil. Pídenos que sexamos moi precisos, así que probade a ver se sodes capaces de chegar a un 100% de precisión.



MEMORY DE NOTAS







Agora imos xogar ao Memory, pero con notas musicais.
Póñovos unha páxina web con varios Memorys con diferentes dificultades. Podedes entrar en cada un e comprobar as notas musicais que lembrades.




luns, 23 de marzo de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

MANUALIDDES CON BOTELLAS



Bos días!!!!

Hoxe propóñovos  unha ligazón cunha serie de manualidades para aproveitar as botellas de plástico que vaiamos xerando estes días. Así ademais de reutilizalas facendo delas unha obra de arte pasarémonolo ben.


IMOS DE EXCURSIÓN!!





Si, si, como estades a ler. Imos de excursión.
Hoxe propóñovos unha viaxe polos mellores museos do mundo (O Prado, O  Louvre, o Museo Vaticano...) Para iso só teredes que entrar na ligazón que vos poño e facer unha visita virtual a cada un deles. Ademais teredes a sorte de ser os únicos visitantes
A viaxar!








venres, 20 de marzo de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

A BAILAR!

Bos días!!!

Bo mozos, é venres, e tócanos divertirnos a fin de semana, así que vos deixo unhas ligazóns de  JUST DANCE para que poidades facer un concurso de baile familiar.





PLÁSTICA COMPOSTILLA

CHEGOU A PRIMAVERA!


Bos días!
Hoxe é 20 de marzo, e comeza a primavera. Seguro que cando chega esta época moitos de vós poñedes nas vosas xanelas, balcóns e xardíns plantas e flores. Este ano como non imos poder ir compralas, pois imos facelas nós.
Propóñovos varias ideas, pero podedes facer as que vós queirades. O que queira pode mandarme as fotos do que fixo e publicarémolas no blogue para que todos vexámolas.
Veña, que se note que é primavera!!






 

 

 







xoves, 19 de marzo de 2020

MÚSICA 2º, 3º Y 6º JESÚS MAESTRO

Bos días!!!
Hoxe é xoves, e temos clase de música os nenos e nenas de 2º, 3º e 6º de Jesús Maestro, así que vos vou a poñer a tarefa que iamos facer hoxe no cole.
Estas fichas tedes que mandarmas para corrixilas e avalialas aqueles que poidades.
Ánimo campións!!!


FICHAS 2º







FICHAS 3º






FICHAS 6º