Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

luns, 18 de maio de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

 


Bos días!!
Hoxe é o Día Internacional dos Museos.
Como o trimestre pasado xa fixemos algunhas "visitas virtuais" a museos moi importantes, hoxe imos traballar algunha das obras máis importantes que se atopan neles.
Esta semana, póñovos hoxe a tarefa para todos os cursos, xa que para todos tedes un traballo relacionado cos museos.

1º E 2º PRIMARIA

 
A obra que vos presento chámase Muller Durmindo, e é dun dos pintores españois máis importantes da historia: Picasso.
Para que poidades coñecer mellor a este pintor déixovos un vídeo moi divertido; só tedes que picar no nome Picasso e poderédelo ver.
 
 
Para facer o voso cadro, só tedes que  colorear a lámina cos materiais que queirades.
 
 

3º E 4º PRIMARIA

 
O cadro que vos presento é o de As  Meninas. Probablemente será un dos cadros máis coñecidos tanto en España como en todo o mundo. O seu autor é Diego  Velázquez, e para que lle poidades coñecer mellor, déixovos un vídeo. Para velo só tedes que picar no seu nome.
 
 
As  Meninas é un cadro que na actualidade podedes ver no Museo do Prado e vos deixo un vídeo para que coñezades o cadro.
 
 
Para facer as vosas  Meninas só tedes que  colorear a lámina usando os materiais que queirades.
 

5º PRIMARIA

 
 


 

O cadro que vos presento é a Moza da Perla de  Johannes  Vermeer e atópase no Museo  Mauritshuis da Haia.
Para que poidades coñecer mellor a esta enigmática nova, déixovos un vídeo que poderedes ver se picades no seu nome.

 
Para facer vosa Moza da Perla, só tedes que  colorear a lámina que vos deixo utilizando os materiais que queirades.
 
 
 
 
 


 



 
 
 


 

venres, 15 de maio de 2020

PLÁSTICA 1º PRIMARIA COMPOSTILLA

MUÍÑOS DE VENTO


Hoxe propóñovos unha manualidade moi divertida que me mandou a vosa mestra Cristina.
Como esta semana estivestes traballando o tema do vento, imos facer uns muíños de vento que poderedes poñer nas vosas xanelas, balcóns ou xardíns, e xa veredes como se moven.
Déixovos varias ligazóns a uns vídeos onde vos dirán como tedes que facelos, pero se queredes podedes buscar outros diferentes ou con outros materiais que vos gusten máis.
Espero que vos gusten!!

MUÍÑO DE VENTO CON PAPEL

COMO FACER UN MUÍÑO DE VENTO DE PAPEL CUN FOLIO


 

A BAILAR!!

JUST DANCE


Bos días!!
Hoxe como é venres, e hai días que non o facemos, toca bailar. Para iso, como sempre, déixovos unhas ligazóns de  Just Dance.
Espero que vos gusten!!
 
 
 

mércores, 13 de maio de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

4º DE PRIMARIA

 


Bos días!!
Hoxe continuamos traballando co libro. Os que o tedes en casa podedes facelo nel, e os que non vos deixo a lámina para que poidades imprimila e facela.
Nesta lámina tedes que debuxar un coche parado e outro en movemento seguindo a técnica do  difuminado, que é un recurso gráfico que consiste en estender e suavizar cun algodón o trazo da cor, rebaixando así os contornos das figuras.
Utilízase para dar sensación de velocidade ou crear un ambiente de néboa.

 

martes, 12 de maio de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

FACEMOS DITADOS



Bos días!!
Esta semana póñovos hoxe o de todos os cursos para que así poidades ir practicando durante toda a semana.
Imos facer ditados; si, si, como o oídes, ditados. En música xa sabedes que no canto de usar palabras como en lingua, usamos notas e figuras musicais.
Para que poidades facer estes ditados, que son moi divertidos, déixovos uns vídeos e páxinas de xogos para que poidades facelos.
 

1º E 2º PRIMARIA


A continuación tedes un vídeo para facer o voso ditado descubrindo se o son sobe ou baixa. O instrumento que soa é unha frauta de  émbolo, coa cal só se poden facer sons ascendentes (que soben) ou descendentes (que baixan). Estad moi atentos, a ver se acertades todos.

A continuación tedes un vídeo para facer o voso ditado descubrindo se o son sobe ou baixa. O instrumento que soa é unha frauta de  émbolo, coa cal só se poden facer sons ascendentes (que soben) ou descendentes (que baixan). Estad moi atentos, a ver se acertades todos.




 

Na seguinte ligazón tedes un xogo moi divertido no que tamén teredes que descubrir sons ascendentes e descendentes.
 
 

3º, 4º, 5º E 6º PRIMARIA

 
Na ligazón que vos poño a continuación tedes un xogo moi divertido para facer ditados, no que teredes que elixir os ditados que facedes.
Xa veredes como acertades moitos!!
 

luns, 11 de maio de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

1º E 2º PRIMARIA



Bos días!!Hoxe déixovos as pezas para construír un avión.

 

3º PRIMARIA

Esta semana imos continuar traballando coas láminas do libro. Os que o teñades en casa podedes facela nel (páxina 51), e os que non podedes imprimila e seguir as instrucións.
Teredes que  colorear con pinturas de cera ou de madeira cada fragmento coa cor que indican as instrucións numéricas. Cando o haxades  coloreado, teredes que repasar os bordos con  rotulador da cor indicada.
 
 
 

5º PRIMARIA: FACEMOS UN ANUNCIO

 
 


 
 
A actividade que vos propoño esta semana consiste en que vos convertades en publicistas. Os publicistas son os persoas que se encargan de deseñar os anuncios que vemos na televisión, as revistas, a radio...
Vós tedes que facer o anuncio dun produto para publicalo nunha revista. Para iso, o primeiro que tedes que facer é escoller o que queredes anunciar. Unha vez que o escollerades, debedes debuxalo mostrando todas as vantaxes que ten, xa que o que tedes que facer é tentar vendelo. E por último escoller un slogan.
Para que o entendades mellor, déixovos unha ligazón a un vídeo para que o entendades mellor.
 
 
 


xoves, 7 de maio de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

CONVERTÉMONOS EN LUTHIERS

 

Bos días!!
Tal e como vos dixen, vou poñer as fotos que me mandastes dos vosos instrumentos.
Sodes uns artistas!!!!.
Espero que vos gusten.

MARACAS 1º E 2º


 

 

 

  

 

  

 

 

 


KAZOOS 3º E 4º

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 

PAU DE CHOIVA 5º E 6º