Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

martes, 21 de abril de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

XOGAMOS CO RITMO



Bos días!!
A actividade de hoxe é moi divertida, e no canto de poñer a cada curso a tarefa correspondente no día que toca clase, esta vez póñovos hoxe a de todos para que así poidades ir practicando.
Ademais, temos unha invitada moi especial: Euterpe, deusa da Música, e será ela a que vos conte o que tedes que facer. 
Para poder vela, só tedes que picar no seu nome e abrirase un vídeo onde vos explicará todo. 
Espero que vos guste!!.


VÍDEO 1º E 2º PRIMARIA


3º, 4º, 5º E 6º PRIMARIA








luns, 20 de abril de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

XOGAMOS?



Como xa tedes a tarefa para esta semana, hoxe vouvos a deixar colgados unhas ligazóns a uns xogos moi divertidos que están organizados por cursos, pero se queredes, podedes xogar con todos aínda que non sexan do voso.

1º E 2º PRIMARIA: COLOREAMOS CON PUNTOS


Déixovos en ligazón a un xogo no que tedes que ir coloreando os debuxos con puntos segundo o modelo. Hai varios niveis de dificultade, así que ánimo, a por os difíciles!!


3º E 4º PRIMARIA: INTERIORISTAS POR UN DÍA



Vouvos a deixar un xogo moi divertido no que vos converteredes en decoradores. Tedes que escoller que habitación queredes decorar e logo elixir todo o que hai nela, pero coidado como o colocades, que tedes que deixar sitio para poder pasar entre os mobles. Xa veredes que casas máis bonitas quédanvos.

INTERIORISTAS POR UN DÍA

5º PRIMARIA: LIBRO INTERACTIVO DE KEITH HARING


Se picades na ligazón entraredes nun xogo no que teredes que crear o voso propio libro.
O primeiro que teredes que facer é ir escollendo as letras para escribir a historia, e despois elixir debuxos para ilustrala.
Tamén teredes que pintar as letras e os debuxos.



HÉROES E HEROÍNAS


Bos días!!
Hoxe vouvos a presentar a unha amiga miña, Carmela, que vos deixa a ligazón a un conto moi chulo para que poidades lelo. Tédelo en castelán e en galego, e seguro que vos vai a gustar moito; ao meu encantoume. Podedes lelo con toda a familia, porque seguro que todos coñecedes aos protagonistas da historia; eu desde logo coñézoos e bótoos moito de menos, así que xa me contaredes. Ánimo mozos!!!

CARMELA



CASTELÁN





GALEGO




mércores, 15 de abril de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA - DÍA DO LIBRO



Bos días!!!
O día 23 de abril celebramos o Día do Libro, xa que se conmemora a morte dos dous escritores máis importantes da literatura universal: Cervantes e Shakespeare.
Por este motivo, nós imos facer unha serie de traballos moi divertidos.

AS ACTIVIDADES QUE VOS PROPOÑO HOXE SERÁN PARA QUE AS  FAGADES DURANTE TODA ESTA SEMANA E A QUE VÉN, ASÍ QUE DE PLÁSTICA PARA COMPOSTILLA NON TEREDES MÁIS

1º, 2º, 3º E 4º COMPOSTILLA: O PRINCIPIÑO


O Principiño é unha obra escrita por Antoine de Saint- Exupéry onde se narra a aventura que vive un aviador que se atopa perdido no deserto do Sahara, despois de ter unha avaría no seu avión. Entón aparece un pequeno príncipe. .O principiño vive nun pequeno planeta, o asteroide B 612, no que hai tres volcáns (dous deles activos e un non) e unha rosa.
Para que poidades ler o conto, déixovos unhas ligazóns a el tanto en castelán como en galego, e así descubriredes que lles pasa tanto ao aviador como ao Principiño.

 
E para que poidades crear o voso propio libro, póñovos unha ligazón para que fagades un mini Principiño. Só tedes que colorear os debuxos e dobrar correctamente para que se correspondan as follas. Os máis peques podedes pedir axuda aos papás e mamás.


Ademais, podedes crear vosa propia historia facendo os recortables do Principiño e do Avión.












E por último déixovos uns divertidos  marcapáginas para que usedes en todos os libros que leades estes días.

5º COMPOSTILLA: HAIKU E PAI PAI



O  Haiku é un breve poema procedente do milenario Xapón. É unha miniatura poética de 17  sílabas, distribuídas en tres versos: 5-7-5. Naceu como xogo de palabras humorístico ou desconcertante. Máis adiante,  Mastsuo  Basho elevouno a xénero poético.

COMO ESCRIBIR UN  HAIKU?

• Escríbeo en presente.
• Se natural e  conciso/a.
• Os tres versos non poden ser unha oración lineal ou demasiado lóxica.
• As mellores imaxes van ao principio.
• O remate se reserva para o final.
• Emprega elementos da natureza.
• Utiliza xogos de palabras.
• Evita referencias a ti mesmo/a.
• O primeiro verso pode  rimar co terceiro, ou non  rimar.

 Vou deixar os persoais para facer un  Haiku e un libro  Pai  Pai.
Aparecen dúas tarxetas explicativas do concepto de  Haiku, que pertence á cultura xaponesa, e tamén conta que é o  pai  pai, un abanico xaponés que procede de China, para pegalo no  pai  pai. Podedes utilizar  brillantitos adhesivos  troqueladoras con formas, adhesivos, recortes de papeis de agasallo....




PERSOAIS:







 Ademais de poñervos as imaxes e os persoais, proporciónovos a ligazón para que sigades as instrucións


INSTRUCIÓNS HAIKU E PAI PAI






















martes, 14 de abril de 2020

COMENZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE!!!




Bos días!!!
Benvidos ao terceiro trimestre.
Imos continuar traballando da mesma forma que o estabamos facendo a través do blog. Irei colgando as diferentes actividades os días que nos toca clase a cada curso do mesmo xeito que estabamos a facer, aínda que haxa ocasións en que poña actividades para que poidades facer todos.
Xa sabedes que cando fagades algunha manualidade, debuxo, ficha,... podedes mandarmo ao correo electrónico para que así volo poida corrixir.
Lémbrovos o horario das clases:









Estad atentos ás instrucións que vaia poñendo no blog, xa que pode haber cambios nalgún momento e teñamos que facer algún outro tipo de traballo. Tamén lembrarvos que podedes acceder ao blog da  mestra Cristina, http://musi4vientos.blogspot.com/, xa que entre as dúas colgámosvos variedade de cousas para que así teñades máis recursos para xogar e divertirvos.
E como hoxe é o primeiro día tras as vacacións, imos comezar bailando.
Déixovos unhas ligazóns de bailes para que fagades nas vosas casas. Son moi divertidos.
Ánimo  e a bailar!!!

1º E 2º


3º E 4º


5º E 6º


xoves, 2 de abril de 2020

¡¡VACACIÓNS!!






Bos días!!! Como hoxe é o último día que temos clase este trimestre, vou deixar contos, xogos e vídeos para que vos divirtades estes días.
Xogade moitos coas vosas familias, lede, bailade,..., en definitiva divertirvos moito!
Vémonos o día 14!!!

CONTOS E LENDAS (4º-6º)


Nestas páxinas déixovos a ligazón a conto e lendas galegas moi interesantes e divertidas

VÍDEO - CONTOS


Nestas ligazóns poderedes ver vídeos de contos en galego


MÚSICA



Nas ligazóns tedes xogos musicais cos que poderedes ver cal é a vosa habilidade á hora de recoñecer notas, ou como vos convertedes en virtuosos dun instrumento e dais un concerto ás vosas familias, e por que non, a todos os vecinos


JUST DANCE


E como non podía ser doutra maneira, non nos iamos a quedar todas as vacacións sen bailar, así que vos deixo unha nova entrega do noso concurso familiar de Just Dance


PLÁSTICA


Nas páxinas web seguintes podedes xogar a terminar e crear cómics, e a facer os vosos propios xoguetes con papel.
























mércores, 1 de abril de 2020

A TOLA GALERÍA


Hoxe tráiovos un xogo moi divertido, no que os cadros máis famosos do mundo volvéronse tolos. Fíxache ben nos cadros que ves en cada pantalla, xa que debaixo irán pasando a gran velocidade elementos e anacos de cadros que saíron a pasear.
Es capaz de acabar cada obra de arte antes de que se termine a música e o tempo?

Para xogar só tedes que picar na ligazón