Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

luns, 16 de marzo de 2020

PLÁSTICA 1º


PULPO




Hoxe imos facer un polbo, que como sabedes é un animal invertebrado e ideal por se queredes seguir a iniciativa de poñer debuxos e manualidades nas xanelas.
Podedes facelo como queirades, eu douvos simplemente a idea. Os materiais seguro que os tedes en casa, pero se non tedes por exemplo, os ollos móbiles, podedes pintalos.


MATERIAIS:
- Cartolina ou papel
- Tesoiras
- Pegamento
- Ollos móbiles (opcional)


PASOS:
1. Debuxa e recorta un gran círculo (podes axudarche cun prato ou calquera obxecto redondo)
2. Logo, corta 8 tiras longas e pégaas ao círculo pola parte de atrás
3. Podes pasar as tesoiras pechadas por cada tira para que se enrosquen (se non podedes pedide axuda aos papás e mamás)
4. E por último, pega os ollos móbiles ou píntaos


Cando o fixerades, pedide de novo axuda e mandádeme unha foto ao meu correo para ver o bonitos que vos quedaron patridune4@gmail.con

Ningún comentario:

Publicar un comentario