Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

luns, 16 de marzo de 2020

PLÁSTICA 3º

O último día de clase, estivemos a facer a lámina dunha vidreira da catedral de Estrasburgo, e como moitos de vós xa a acabastes, ou non tedes os libros en casa, hoxe imos comezar a seguinte, a cal vos poño eu a foto para que poidades imprimila.
Imos facer UNHA PAISAXE CON GLOBOS
Con esta lámina imos traballar a profundidade. Tedes que comezar os debuxos por esquemas sinxelos de formas xeométricas para despois centrarvos nos detalles que queirades poñer e no fondo. Lembrade o que vimos en clase durante o curso, e máis neste debuxo que é moi importante: os obxectos máis próximos son máis grandes e ven máis nítidos, máis definidos, e os máis afastados máis pequenos e ven máis borrosos. Para facer o debuxo podedes utilizar os materiais que queirades: ceras, rotuladores,... Cando o fagades pedide axuda aos papás e as mamás e mandádesme unha foto antes do luns que vén ao meu correo, e así volo corrixo. patridune4@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario