Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

luns, 16 de marzo de 2020

PLÁSTICA 5º

A semana pasada estabamos a facer os mobles dunha habitación.
Lembrade que o deseño dos mobles e a decoración da habitación é moi libre, mesmo agora que estades na casa, podedes recortar fotografía de revistas ou catálogos e pegalos, PERO É MOI IMPORTANTE QUE HAIA UNHA PROPORCIÓN ENTRE TODOS OS ELEMENTOS QUE FORMAN O CONXUNTO.
Para dar sensación de profundidade, lembrade que uns mobles deben ser máis pequenos que outros; os máis grandes serán os máis próximos ao espectador, e a medida que ocupan un lugar máis afastado, máis pequenos. Como supoño que algúns e algunhas non vos levastes o libro de plástica, déixovos a imaxe dunha habitación para que poidades imprimila e que lle poñades mobles, cadros, alfombras,..., e todo o que queirades.
Se tedes algunha dúbida, poñervos en contacto comigo a través do mail que aparece na páxina.
Debedes mandarme a esa mesma dirección de correo unha foto da lámina feita para corrixila antes do luns que vén.
Lémbrovos a dirección do meu correo patridune4@gmail.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario