Publicación destacada

PRESENTACIÓN

Ola mozos e mozas! Como nos vai a tocar estar uns días en casa, imos tentar que sexan o máis amenos posible á vez que seguiremos repasando ...

xoves, 30 de abril de 2020

A BAILAR!!!

 
Bos días!!!
Esta semana como tamén temos festa o venres, vou deixarvos ligazóns do Just Dance para que poidades bailar coas vosas familias e pasalo ben esta fin de semana.
Espero que vos gusten!!
 
 


martes, 28 de abril de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

FACEMOS INSTRUMENTOS!!!

 


Bos días!!
Acordádesvos do que era un lutier?
Bo, polo si ou polo non lémbrovolo eu. Un lutier é a persoa que se dedica a facer e reparar instrumentos, sobre todo de corda.
Pois hoxe ídesvos a converter en lutieres, xa que vos propoño que fabriquedes diferentes instrumentos.
Déixovos as ligazóns dos vídeos coas instrucións de como facelos. Hai un para 1º e 2º, outro para 3º e 4º, e outro para 5º e 6º.
Como podedes ver, hoxe tamén vos deixo a tarefa para todos os cursos, independentemente de que nos tocase clase hoxe ou non, xa que así tedes toda a semana para fabricar os vosos instrumentos.
Creo que teñades todos os materiais en casa, pero se vos falta algún non pasa nada, substituílo por outro.
Cando os fixerades, por favor mandádeme unha foto e así poderei poñelas no blogue para que todos vexádelos. Só fotografade o instrumento. Podedes mandarme as fotos ata o 4 de maio.
 

1º E 2º: MARACAS

 

 
 
A continuación tes o vídeo de como facer o instrumento.
 
  

3º e 4º: KAZOO

 
 

A continuación tes o vídeo de como facer o instrumento. 
 
 
 
 
 

5º E 6º: PAU DE CHOIVA

 
 
 
A continuación tes o vídeo de como facer o instrumento. 
 
 


 

 
 
 



 
 
 

luns, 27 de abril de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

IMOS A FACER XOGUETES!!!

 
Bos días!!! Supoño que hoxe esteades todos moi animados, xa que podedes saír un ratito á rúa, e como podedes levar os vosos propios xoguetes, propóñovos uns que podedes facer vós o tempo que esteades na casa. Póñovos as actividades de todos os cursos hoxe para que así poidades facelas durante toda a semana, xa que o venres volvemos ter festa. Espero que vos gusten.
 

1º E 2º: O XOGUETE ATRAPA-PELOTAS

 
MATERIAIS: Se non tedes algún destes materiais, podedes substituílos por outros que teñades en casa.
- Rolos de papel hixiénico.
- Rotuladores de cores.
- Corda ou la.
- Esferas con buraco (podedes facelas con plastilina, ou se tedes  bolitas de madeira cun buraco no centro tamén podedes usalas).
 REALIZACIÓN:
O primeiro é pintar,  colorear e decorar os rolos de papel hixiénico como queiras.
Despois utiliza a corda para atar a esfera, deixándoa colgando. Así poderán xogar a meter canastra todas as veces que queiras.
 

3º E 4º: RAS SALTARINAS

 
MATERIAIS: Se non tedes algún destes materiais, podedes substituílos por outros que teñades en casa.
- Rolos cartón de papel hixiénico.
- Temperas,  rotuladores, ceras,.. en dous tons de verde e vermello.
- Cartolina, papel, cartón,… verde.
- Pegamento.
- 2 Círculos de papel ou cartolina branca e  rotulador negro para facer os ollos (se tedes  ojitos móbiles podedes pegarllos)
- Corda, la,…
REALIZACIÓN:
Comeza  coloreando de verde escuro o rolo de cartón. Cando haxas  coloreado todo o corpo feixe as  motas verdes claras da ra e o interior de vermello. Despois esmaga un lado do rolo e pégao polo interior para que manteña a forma. Recorta da cartolina ou do papel  as patas da ra, as pintas de verde e pégaas ao rolo de cartón.
Feixe unha mosca con cartolina, cartón ou papel e pégalle un extremo da corda ou la, o outro vai fixado ao interior da boca da  ranita. Agora só queda poñerlle un par de ollos  bailongos e deixar que sáeche por toda a casa.
 

5º: CALEIDOSCOPIO

 
MATERIAIS: Se non tedes algún destes materiais, podedes substituílos por outros que teñades en casa.
 - Dous cartóns de papel de cociña.
- Cartolinas ou papeis  de cores,  gomets,.. (o que queirades para decorar).
- Papel de aluminio.
- Abelorios e abelorios,,…
- Tesoiras.
- Celo.
- Plástico ríxido reutilizado transparente (de calquera comida que veña en recipiente).
 REALIZACIÓN:
 Comeza marcando a circunferencia do rolo de cartón no plástico transparente dúas veces e despois recórtaos seguindo a liña. A continuación corta unha cartolina para que teña a mesma lonxitude que o rolo de cartón e fórraa de papel de aluminio. Unha vez feito dóbrao para formar un triángulo e méteo dentro do rolo de cartón, usando celo para evitar que se salga.
 
 

 

 
Agora coloca un dos círculos de plástico sobre o triángulo asegurándoche de que non se mova con celo, que servirá de base para colocar os obxectos brillantes. Por encima van os abelorios, contas e abelorios de cores, o kit onde radica a maxia deste dispositivo.
 
Unha vez metésedes todos os obxectos, sela o  caleidoscopio co outro círculo de plástico e moito celo. Non te preocupes, despois non se verá a cinta adhesiva. Chega o momento de decorar! Usade as cartolinas, papeis de cores,  gomets,… para facer deste aparello o máis bonito de todos.  Remata a manualidade colocando un  donut de cartolina branca na entrada de luz para definir aínda máis a visión a través do  caleidoscopio.
 

 


 

 


 

 

mércores, 22 de abril de 2020

ASTÉRIX O GALO




A continuación tedes a ligazón a unha película de  Astérix para que así poidades divertirvos estes días de festa.

OS BOLECHAS



Bos días!!
Hoxe temos nova entrega dos Bolechas.
Xa sabedes que só tedes que picar na ligazón para ver os novos capítulos que vos deixo.
Espero que vos gusten!!


AS PANTASMAS
O FESTIVAL DE EUROVISIÓN
O TEATRO DE SONIA
PANXOLIÑAS ACATARRADAS
CABAZAS TERRORÍFICAS

martes, 21 de abril de 2020

MÚSICA JESÚS MAESTRO

XOGAMOS CO RITMO



Bos días!!
A actividade de hoxe é moi divertida, e no canto de poñer a cada curso a tarefa correspondente no día que toca clase, esta vez póñovos hoxe a de todos para que así poidades ir practicando.
Ademais, temos unha invitada moi especial: Euterpe, deusa da Música, e será ela a que vos conte o que tedes que facer. 
Para poder vela, só tedes que picar no seu nome e abrirase un vídeo onde vos explicará todo. 
Espero que vos guste!!.


VÍDEO 1º E 2º PRIMARIA


3º, 4º, 5º E 6º PRIMARIA








luns, 20 de abril de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA

XOGAMOS?



Como xa tedes a tarefa para esta semana, hoxe vouvos a deixar colgados unhas ligazóns a uns xogos moi divertidos que están organizados por cursos, pero se queredes, podedes xogar con todos aínda que non sexan do voso.

1º E 2º PRIMARIA: COLOREAMOS CON PUNTOS


Déixovos en ligazón a un xogo no que tedes que ir coloreando os debuxos con puntos segundo o modelo. Hai varios niveis de dificultade, así que ánimo, a por os difíciles!!


3º E 4º PRIMARIA: INTERIORISTAS POR UN DÍA



Vouvos a deixar un xogo moi divertido no que vos converteredes en decoradores. Tedes que escoller que habitación queredes decorar e logo elixir todo o que hai nela, pero coidado como o colocades, que tedes que deixar sitio para poder pasar entre os mobles. Xa veredes que casas máis bonitas quédanvos.

INTERIORISTAS POR UN DÍA

5º PRIMARIA: LIBRO INTERACTIVO DE KEITH HARING


Se picades na ligazón entraredes nun xogo no que teredes que crear o voso propio libro.
O primeiro que teredes que facer é ir escollendo as letras para escribir a historia, e despois elixir debuxos para ilustrala.
Tamén teredes que pintar as letras e os debuxos.



HÉROES E HEROÍNAS


Bos días!!
Hoxe vouvos a presentar a unha amiga miña, Carmela, que vos deixa a ligazón a un conto moi chulo para que poidades lelo. Tédelo en castelán e en galego, e seguro que vos vai a gustar moito; ao meu encantoume. Podedes lelo con toda a familia, porque seguro que todos coñecedes aos protagonistas da historia; eu desde logo coñézoos e bótoos moito de menos, así que xa me contaredes. Ánimo mozos!!!

CARMELA



CASTELÁN





GALEGO




mércores, 15 de abril de 2020

PLÁSTICA COMPOSTILLA - DÍA DO LIBRO



Bos días!!!
O día 23 de abril celebramos o Día do Libro, xa que se conmemora a morte dos dous escritores máis importantes da literatura universal: Cervantes e Shakespeare.
Por este motivo, nós imos facer unha serie de traballos moi divertidos.

AS ACTIVIDADES QUE VOS PROPOÑO HOXE SERÁN PARA QUE AS  FAGADES DURANTE TODA ESTA SEMANA E A QUE VÉN, ASÍ QUE DE PLÁSTICA PARA COMPOSTILLA NON TEREDES MÁIS

1º, 2º, 3º E 4º COMPOSTILLA: O PRINCIPIÑO


O Principiño é unha obra escrita por Antoine de Saint- Exupéry onde se narra a aventura que vive un aviador que se atopa perdido no deserto do Sahara, despois de ter unha avaría no seu avión. Entón aparece un pequeno príncipe. .O principiño vive nun pequeno planeta, o asteroide B 612, no que hai tres volcáns (dous deles activos e un non) e unha rosa.
Para que poidades ler o conto, déixovos unhas ligazóns a el tanto en castelán como en galego, e así descubriredes que lles pasa tanto ao aviador como ao Principiño.

 
E para que poidades crear o voso propio libro, póñovos unha ligazón para que fagades un mini Principiño. Só tedes que colorear os debuxos e dobrar correctamente para que se correspondan as follas. Os máis peques podedes pedir axuda aos papás e mamás.


Ademais, podedes crear vosa propia historia facendo os recortables do Principiño e do Avión.












E por último déixovos uns divertidos  marcapáginas para que usedes en todos os libros que leades estes días.

5º COMPOSTILLA: HAIKU E PAI PAI



O  Haiku é un breve poema procedente do milenario Xapón. É unha miniatura poética de 17  sílabas, distribuídas en tres versos: 5-7-5. Naceu como xogo de palabras humorístico ou desconcertante. Máis adiante,  Mastsuo  Basho elevouno a xénero poético.

COMO ESCRIBIR UN  HAIKU?

• Escríbeo en presente.
• Se natural e  conciso/a.
• Os tres versos non poden ser unha oración lineal ou demasiado lóxica.
• As mellores imaxes van ao principio.
• O remate se reserva para o final.
• Emprega elementos da natureza.
• Utiliza xogos de palabras.
• Evita referencias a ti mesmo/a.
• O primeiro verso pode  rimar co terceiro, ou non  rimar.

 Vou deixar os persoais para facer un  Haiku e un libro  Pai  Pai.
Aparecen dúas tarxetas explicativas do concepto de  Haiku, que pertence á cultura xaponesa, e tamén conta que é o  pai  pai, un abanico xaponés que procede de China, para pegalo no  pai  pai. Podedes utilizar  brillantitos adhesivos  troqueladoras con formas, adhesivos, recortes de papeis de agasallo....




PERSOAIS:







 Ademais de poñervos as imaxes e os persoais, proporciónovos a ligazón para que sigades as instrucións


INSTRUCIÓNS HAIKU E PAI PAI






















martes, 14 de abril de 2020

COMENZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE!!!




Bos días!!!
Benvidos ao terceiro trimestre.
Imos continuar traballando da mesma forma que o estabamos facendo a través do blog. Irei colgando as diferentes actividades os días que nos toca clase a cada curso do mesmo xeito que estabamos a facer, aínda que haxa ocasións en que poña actividades para que poidades facer todos.
Xa sabedes que cando fagades algunha manualidade, debuxo, ficha,... podedes mandarmo ao correo electrónico para que así volo poida corrixir.
Lémbrovos o horario das clases:









Estad atentos ás instrucións que vaia poñendo no blog, xa que pode haber cambios nalgún momento e teñamos que facer algún outro tipo de traballo. Tamén lembrarvos que podedes acceder ao blog da  mestra Cristina, http://musi4vientos.blogspot.com/, xa que entre as dúas colgámosvos variedade de cousas para que así teñades máis recursos para xogar e divertirvos.
E como hoxe é o primeiro día tras as vacacións, imos comezar bailando.
Déixovos unhas ligazóns de bailes para que fagades nas vosas casas. Son moi divertidos.
Ánimo  e a bailar!!!

1º E 2º


3º E 4º


5º E 6º


xoves, 2 de abril de 2020

¡¡VACACIÓNS!!






Bos días!!! Como hoxe é o último día que temos clase este trimestre, vou deixar contos, xogos e vídeos para que vos divirtades estes días.
Xogade moitos coas vosas familias, lede, bailade,..., en definitiva divertirvos moito!
Vémonos o día 14!!!

CONTOS E LENDAS (4º-6º)


Nestas páxinas déixovos a ligazón a conto e lendas galegas moi interesantes e divertidas

VÍDEO - CONTOS


Nestas ligazóns poderedes ver vídeos de contos en galego


MÚSICA



Nas ligazóns tedes xogos musicais cos que poderedes ver cal é a vosa habilidade á hora de recoñecer notas, ou como vos convertedes en virtuosos dun instrumento e dais un concerto ás vosas familias, e por que non, a todos os vecinos


JUST DANCE


E como non podía ser doutra maneira, non nos iamos a quedar todas as vacacións sen bailar, así que vos deixo unha nova entrega do noso concurso familiar de Just Dance


PLÁSTICA


Nas páxinas web seguintes podedes xogar a terminar e crear cómics, e a facer os vosos propios xoguetes con papel.
























mércores, 1 de abril de 2020

A TOLA GALERÍA


Hoxe tráiovos un xogo moi divertido, no que os cadros máis famosos do mundo volvéronse tolos. Fíxache ben nos cadros que ves en cada pantalla, xa que debaixo irán pasando a gran velocidade elementos e anacos de cadros que saíron a pasear.
Es capaz de acabar cada obra de arte antes de que se termine a música e o tempo?

Para xogar só tedes que picar na ligazón

PLÁSTICA 4º PRIMARIA COMPOSTILLA

ANDY WARHOL



Bos días!!! Hoxe imos traballar cun pintor que seguro que a maioría coñecedes. Se, seguro que se vos digo Andy Warhol non vos soa, pero a que se vos soa a imaxe da sopa de tomate?


Andrew Warhola, coñecido como Andy Warhol, naceu o 6 de agosto de 1928 ba cudade de Pittsburgh (Estados Unidos). Realizou anuncios publicitarios, ilustracións e pinturas.
É frecuente nas súas obras a multiplicación de imaxes, tomando como punto de partida una fotografía, en ocasións as de personaxes coñecidos ou productos de consumo.


A lámina que vos propoño hoxe é de arte pop, e o principal representante deste movemento é Andy Warhol.  A arte pop xurdiu na década de 1950 en Inglaterra e Estados Unidos. Este movemento urbano é totalmente alleo á natureza. Os artistas pop intentan chegar ao máximo público posible, polo que utilizan una mensaxe sinxela e de gran carga visual.


Para facer a vosa obra de arte pop, primeiro observa a cadro del Warhol que tes na lámina. Despois  tes que copiar as figuras que aparecen en branco nunha folla para utilizalas de patrón (podes copiar unha ou as dúas). Unha vez feito isto, elabora unha composición na cuadrícula que tes á dereita coa técnica do ESTERXIDO (consiste en aplicar pintura, con pincel, lánzándoa ou pulverizándoa, a través do patrón que recortastes. Para iso podes utilizar pallas de refresco.).
Como pode ser que non teñades pintura en casa, podedes facelo con ceras, rotuladores,..., pero tedes que elixir distintas cores para cada unha das figuras e para os fondos.


Póñovos unha imaxe da lámina para os que non tedes en casa o libro poidades imprimila. Xa sabedes que os que a fagades podedes mandarme unha foto ao correo para así poder corrixila.
Veña a converternos é artistas da arte pop!!